Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RELEVO2020 Proposta formativa para a capacitación de mozos e mozas en busca do relevo xeracional no sector pesqueiro.

RELEVO2020 é un proxecto colaborativo entre GALPs que ten por finalidade a procura de relevo xeracional no sector pesqueiro a través da capacitación de mozos e mozas mediante formación e mellor coñecemento dos recursos.

Ademais entre os seus obxectivos tamén se atopan:

- Poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e loitar en contra do cambio climático.

- Sensibilizar aos xóvenes na importancia do sector pesqueiro, no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica.

- Facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para  mozos e mozas do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social.

- Continuar apoiando a profesionalización do sector pesqueiro e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da nosa economía a través da creación de emprego, apoio á empleabilidade e/ou inclusión social.

Desenvolverase nos territorios, ámbito de influencia dos GALP durante as anualidades 2020 e 2021 e os seus destinatario serán xóvenes con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos e terá número de prazas limitadas, igual en todos os territorios.

Para máis información: relevo2020.org- info@relevo2020 ou na Oficina dos GALPs.