
As principais actividades son a organización e celebración das XXVII Xornadas Técnicas Expomar 2020 e o XXI Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras Expomar 2020.
Tradicionalmente a celebración destas Xornadas corría paralela á feira Expomar, mais estas adquiriron personalidade propia e diferenciada dentro do programa do evento, debido tanto á importancia dos relatores e dos temas que se abordaron como ao interese suscitado no sector, na prensa especializada e nos medios de comunicación en xeral.
Este é un proxecto de colaboración entre o Concello de Burela e a Fundación Expomar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Maiores cotas de profesionalidade no sector, mellora das capacidades e competencias profesionais.
- Fomento e promoción do relevo interxeracional.
- Consolidación e competitividade das zonas pesqueiras.
- Maior competitividade do sector pesqueiro e promover a innovación de forma sustentable.
- Incremento do valor engadido aos produtos da pesca.
- Desenvolvemento sostible da zona de pesca
- Protección e promoción do seu patrimonio natural e cultural a tódolos niveis
- Visibilización do traballo do mar.
- Potenciación da comunicación entre profesionais do sector, unindo á Administración, aos empresarios do sector mariño e aos profesionais que traballan nel.
As principais actividades son a organización e celebración das XXVII Xornadas Técnicas Expomar 2020 e o XXI Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras Expomar 2020; estas dúas actividades fanse en colaboración co Concello de Burela e a Fundación Expomar.
1.Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)