"Artellando Mariñeiros" é un proxecto de formacion, información e concienciación das posibilidades de empregabilidade do medio mariño e as oportunidades laborais para a mocidade poñendo en valor as actividades marítimo pesqueiras. Pretende divulgar a cultura mariñeira creando unhas aulas mariñeiras, en colaboración con entidades do sector pesqueiro como son as confrarías, onde se incidirá sobre o aproveitamento sostible dos recursos marítimos, a cadea de valor que seguen e as posibilidades que ofrece a economía azul para os máis novos.
En consonancia co anterior abordaranse temas de educación para a saúde, concienciando da importancia do consumo de productos pesqueiros frescos, educación  para o consumidor, incidindo que sexan do teritorio e productos km0 e tamén de educación ambiental  diminuindo a pegada de carbono cos nosos hábitos de consumo, fomentando o medio mariño e costeiro e sensibilizando sobre a importancia da súa conservacíón.
Tamén se porá en valor o patrimonio material e inmaterial divulgando as ferramentas da pesca tradicional en Cedeira e o seu papel para manter o equilibro na súa reserva.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellora da empregabilidade, en colaboración con entidades de atención a persoas con diversidade funcional.
- Incremento das relacións entre o sector pesqueiro e as entidades que organizan actividades de diversificación na zona costeira
- Profesionalización dunha iniciativa de diversificación dotando aos traballadores cos medios precisos e incrementando a seguridades destas actividades
- Difusión do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro entre escolares e entre o público en xeral, facendo deste un elemento de identidade da zona costeira.
- Posta en valor das profesións do mar
- Posta en valor e promocion do consumo de productos pesqueiros entre os escolares, mellorando a imaxe destes productos e a actividade productiva a nivel local.
- Promocionar o mar e os recursos pesqueiros como recurso de ocio e empregabilidade.
- Difundir a cultura mariñeira e o patrimonio material e inmaterial entre a rapazada da contorna.
- Fomentar o consumo de peixe fresco entre os escolares do territorio.
- Promocíon de hábitos de vida saudables na xente nova.
- Concienciar sobre a importancia do coidado do mediambiente e da biodiversidade mariña da zona costeira.
- Conseguir a integración das persoas con diversidade funcional.
- Crear uns itinerariorios atractivos cunha ampla participación dos escolares para ter unha maior difusión e repercusión no territorio.
Para acadar os obxectivos organizaranse anualmente as seguintes actividades dirixidas a cada grupo de usuarios nos anos 2.025, 2.026 e 2.027, e adquiriranse equipamentos nos anos 2.026 e 2.027:
1. Para o grupo de persoas con diversidade funcional organizaranse un total catro obradorios: 
1.1. Dous de "Artellando nós mariñeiros"
1.2. Dous "Artellando artes e aparellos de pesca"
Ao final de cada obradorio preténdese que cada usuario teña confeccionada unha peza de artesanía con elementos propios da cultura mariñeira. Terán unha duranción de dúas horas impartidas por un técnico superior en pesca e transporte marítimo.
2. "Artellando mariñeiros" para escolares seguirá dous itinerarios formativos, que se repetirán cinco veces ao ano.
2.1. "O mar manso": no que se desenvolverán as competencias para a navegación a vela, en piraguas e paddle surf en Cedeira. 
2.2. "O mar bravo": para desenvolver as competencias para a práctica do surf nas praias próximas onde o permitan as condicións. 
Nos itinerarios incidirase nas posibilidades formativas ao finalizar a educación obrigatoria nas áreas marítimo-pesqueiras e deportivo-recreativas que demanda a economía azul para o relevo xeneracional. E continúanse cunha das dúas áreas de formación optativas:
2.3. "A cadea de valor e as especies comerciais": durante unha visita á lonxa de Cedeira, un biólogo axuda ós participantes a identificar as especies con valor comercial e explica o seu percorrido do mar ao prato, cos contidos transversais de educación para a saúde e educación para o consumidor.
2.4. "O valor da pesca tradicional na reserva": nun percorrido guiado polo museo Mares de Cedeira coñecerán as ferramentas da pesca tradicional e os contidos transversais de educación ambiental.
Os cursos estarán impartidos por técnicos das modalidades deportivas de cada especialidade. E as visitas serán guiadas por técnicos e biólogos.
No ano 2.026 adquiriranse equipamentos para poder avanzar dende a embarcación colectiva á individual: 10 embarcacións óptimist, 5 carros varada, 3 velas iniciación, 50 chalecos salvavidas, 60 traxes neopreno
No ano 2027, co fin incrementar a distancia nos percorridos adquiriranse 2 embarcacións neumáticas de 4 m. con motor.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
OBXETIVO ESPECÍFICO 1.2. Facer das actividades marítimo-pesqueiras un ámbito de empregabilidade de colectivos menos favorecidos e de cohesión social.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)


