Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

EDLP

Os grupos de acción local do sector pesqueiro son os responsables de elaborar e de poñer en práctica as estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP). 

Para a implantación das estratexias de desenvolvemento local participativo poden concederse axudas ás operacións que teñan os seguintes obxectivos: 

a) Aumento do valor, creación de emprego, atracción de mozos/as e promoción da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e a acuicultura;

b) Apoio á diversificación dentro ou fóra do sector da pesca comercial, á aprendizaxe permanente e á creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas; 

c) Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático; 

d) Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo; 

e) Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.