Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Obxectivos

O desenvolvemento sustentable das zonas pesqueiras debe contribuír á consecución dos obxectivos da Estratexia Europa 2020 de promover a inclusión social e a redución da pobreza, de crear emprego e de fomentar a innovación a escala local. Tamén debe contribuír a acadar o obxectivo da cohesión do territorio.

As EDLP concibidas e postas en práctica polos grupos de acción local do sector pesqueiro son o principal instrumento para o logro da prioridade cuarta da UE de aumentar o emprego e a cohesión territorial mediante o obxectivo específico seguinte:

O fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e á mobilidade laboral nas comunidades pesqueiras e acuícolas, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e o respecto de outros sectores da economía marítima.