Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Quen son?

Grupos de acción local do sector pesqueiro

O día 22 de xaneiro de 2016, por resolución da conselleira do Mar, seleccionáronse os seguintes GALP e zonas pesqueiras e aprobáronse as súas EDLP:

GALP A Mariña Ortegal: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño.

GALP Golfo Ártabro Norte: Ferrol, Neda, Fene, Narón, Ares, Mugardos, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne.

GALP Golfo Ártabro Sur: A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada.

GALP Costa da Morte: A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Camariñas, Vimianzo, Muxía.

GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia. Costa Sostible: Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son.

GALP Ría de Arousa: Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Catoira, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, O Grove.

GALP Ría de Pontevedra: Meaño, Sanxenxo, Marín, Poio, Pontevedra, Bueu.

GALP Ría de Vigo-A Guarda: Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, O Rosal, Oia, Baiona, A Guarda.

Asociación

Os GALP están compostos por entidades que representan os intereses socioeconómicos locais públicos e privados dentro da zona, e  nin as autoridades públicas, nin ningún tipo de interese concreto representa nos grupos máis do 49% dos dereitos de voto na toma de decisións. As entidades que forman parte dos GALP representan aos seguintes sectores:

a) Sector pesqueiro: asociacións e entidades de interese colectivo pesqueiro, marisqueiro e acuícola con personalidade xurídica propia.

b) Sector social: asociacións socioculturais, deportivas, ecoloxistas, recreativas e educativas,  asociacións de mulleres, asociacións relacionadas coa inclusión social e outras similares.

c) Sector económico: asociacións de empresarios e empresarias, asociacións de axentes económicos e organizacións sindicais.

d) Sector público: integrado polas administracións públicas de ámbito local e entidades do sector público vinculadas ou dependentes destas.