Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Descrición

O desenvolvemento local participativo é levado a práctica mediante un planeamento ascendente por asociacións locais cuxos membros pertenzan aos sectores públicos e privados e á sociedade civil e que representen adecuadamente á sociedade local. 

O desenvolvemento local participativo nas zonas pesqueiras está gobernado polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) e lévase a cabo a través de estratexias de desenvolvemento local integradas e baseadas nas zonas. 

Os grupos de acción local do sector pesqueiro son asociacións sen ánimo de lucro constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e da normativa de aplicación do Estado e da Comunidade Autónoma.

As asociacións recoñecidas como GALP permiten a integración de todas as entidades asociativas e de representación de intereses colectivos, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, así como administracións locais e entidades públicas dependentes destas, dentro do ámbito territorial correspondente, e non permiten en ningún caso a participación de persoas físicas ou xurídicas con ánimo de lucro.

Os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) elaboraron para cada zona unha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) para o período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020.