Tipos de proxectos
Os proxectos poden ser de:
a) Cooperación interterritorial: a realizada dentro do Estado, entre os GALP dunha mesma zona ou de diferentes zonas do territorio nacional, ou entre os GALP e asociacións público-privadas locais dunha mesma zona ou de diferentes zonas do territorio nacional que apliquen unha EDLP.
b) Cooperación transnacional dentro da UE: a realizada entre grupos de distintos Estados membros da UE, ou con asociacións público-privadas locais doutros Estados membro que apliquen unha EDLP dentro da Unión.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os GALP que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter sido seleccionados pola Consellería do Mar no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do FEMP 2014-2020.
b) Ter asinado un convenio de colaboración coa Consellería do Mar para o desenvolvemento dunha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP).
c) Participar nun proxecto de cooperación interterritorial e/ou transnacional.
Características
Os proxectos de cooperación terán as seguintes características:
a) Os proxectos serán coherentes coas estratexias de desenvolvemento local participativo dos GALP participantes e contribuirán a que os socios acaden os obxectivos estratéxicos fixados na súas zonas de pesca.
b) Implicarán a posta en común de ideas, coñecementos, recursos humanos e/ou materiais, para a consecución dun obxectivo de interese compartido e mediante a execución das accións que se consideren necesarias.
c) Os proxectos poderán ter carácter social ou económico, e terán en consideración os principios de desenvolvemento sustentable, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a non discriminación.
d) Implicarán a execución dunha acción en común, no sentido de que se executa de forma conxunta. Os gastos preparatorios terán a consideración de fase previa de preparación dun proxecto, pero non de proxecto de cooperación como tal. A cooperación ten que ir máis alá do intercambio de experiencias e ten que supoñer a realización dunha acción común concreta con resultados claramente definidos e beneficios para os territorios correspondentes.
e) Os proxectos poderanse limitar a elaborar e compartir un deseño de accións beneficiosas para os territorios participantes, pero terase que levar a cabo a execución para cada un destes territorios, prolongando a colaboración nas tarefas de seguimento, avaliación e aproveitamento das sinerxías.
f) Poderán implicar a realización e/ou a comercialización de produtos e/ou servizos en calquera ámbito de desenvolvemento local, realizados entre os territorios ou participantes de forma conxunta.
g) Promoverán a participación dos sectores socioeconómicos do territorio, afectados polos fins e obxectivos do proxecto.
h) Os proxectos axustaranse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
Convocatoria 2021
Convocatoria 2020
Convocatoria 2019. 1ª Fase
- Acta da comisión de valoración de proxectos de cooperación da primeira fase de 2019 (26/11/2019) e anexos I, II e III
- Acta da comisión de valoración de proxectos de cooperación 2019 e anexos I e II
Convocatoria 2018. 2ª Fase
- Acta da comisión de valoración de proxectos de cooperación segunda fase 2018
- Anexo I segunda fase 2018
- Anexo II segunda fase 2018
Convocatoria 2018. 1ª Fase
Convocatoria 2017. 2ª Fase
- Relación de axudas concedidas na convocatoria 2017 2ª fase
- Acta da comisión de valoración de proxectos cooperación 2017 2ª fase
- Anexo I (2017. 2ª Fase)
- Anexo II (2017. 2ª Fase)
Convocatoria 2017. 1ª Fase
- Relación de axudas concedidas na convocatoria 2017
- Acta da comisión de valoración de proxectos de cooperación 2017
- Anexo I (2017)
- Anexo II (2017)
Convocatoria 2016