
Laura Bárcenas con experiencia profesional en panadería e pastelería, bizneta do fundador de "Casa Carmelita" no ano 1956, tenda de ultramarinos e bar no lugar de Barracido, Concello de Ares, pon en marcha un novo local, restaurando o baixo da antiga casa na que se iniciu este negocio familiar dándolle un novo enfoque. Neste novo establecemento potenciará aqueles produtos que elabora e que teñen como principal ingrediente os produtos do mar. Poñerá en valor produtos estrela, como empanadas de bacallau, berberechos, zamburiñas, mexillóns, bonito, etc..., tamén elaborará pizza mariñeira, e brazo de xitano de marisco doce e salado.
Con esta iniciativa non soamente se pretende poñer en valor a calidade dos produtos do mar do territorio, senon tamén poñer en valor a zona rural de Ares, zona de importante belleza paisaxística, con vistas sobre a Ría de Ares, sendo un atractivo referente para este negocio, e contribuíndo á creación de novos negocios que permitan o crecemento económico deste territorio.
Por parte de la beneficiaria desta axuda, existe un afán especial en poñer en valor o traballo da muller e darlle o peso que lle corresponde no sector laboral, para elo contribuirá a través desta iniciativa, contratando unha muller a tempo completo para traballar no seu establecemento.
Neste novo establecemento darase unha imaxe de ambiente mariñeiro, na que se respire a esencia do mar, utilizando para elo unha decoración na que os protagonistas sexan as artes de pesca, os obxectos relacionados co mar, cadros con motivos mariñeiros....etc.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Posta en valor dos produtos elaborados, sendo o principal ingrediente os produtos do mar, tanto frescos como en conserva. Para elo ponse en marcha un novo local para a súa elaboración e comercialización.
Este proxecto é levado a cabo por unha muller nova, creando un novo posto de traballo con outra muller, facilitando a conciliación da vida laboral coa vida familiar.
A actividade deste novo obrador non soamente vai a ir dirixida aos consumidores da zona, senón que se pretende chegar aos potenciais turistas que visitan durante o ano este territorio. Preténdese colaborar tamén noutras iniciativas promovidas tanto por instituticións públicas como entidades privadas, así como empresas de hostalería e restauración da zona, contribuíndo a que exista neste territorio unha oferta conxunta de cara a potenciar o turismo en calquera época do ano, contribuíndo á desestacionalización do turismo.
Posta en valor de produtos do mar e creación de novos postos de traballo no territorio, principalmente de mulleres.
- Creación de novos postos de traballo.
- Incremento da comercialización dos produtos do mar.
- Atracción do turismo gastrónomico no territorio.
- Colaboración con establecementos hostaleiros e turísticos da zona, favorecendo o intercambio de experiencias e boas prácticas con zonas de excelencia turística.
- Rehabilitación baixo para a posta en marcha do obrador.
- Compra de maquinaria: batidora industrial, cociña e forno
- Compra de equipamento diverso: mesa de traballo, armario conxelación, armario refrixeración e carro bandexeiro, estanteria mural con estante intermedio e portas.
- Gastos de elaboración de proxecto e dirección de obra.
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)