Novo Centro de Día no pobo costeiro de Fene destinado ás persoas maiores. Innovador no aspecto de que as actividades que pretende ofertar aos usuarios e usuarias, contribuirán a poñer en valor o sector pesqueiro deste territorio. Asinou un convenio coa Confraría de Pescadores de Barallobre "Xuntanzas co mar", a través do que ofertarán entre outras: visitas guíadas á Confraría; exaltación de produtos da Confraría; coñecemento da ría de Ferrol e o seu entorno.... Destacar tamén, deste novo Centro de Día que proporcionará descontos nas súas tarifas a todas aquelas persoas do ámbito territorial que acrediten a súa relación co sector pesqueiro (mariscadores e mariscadoras, mariñeir@s, pescadores.....) ata familiares de primeiro grao, apoiando á conciliación familiar e laboral destes sectores. Actualmente están asinando convenios con outras Confrarías de Pescadores deste territorio.
O Centro de día Xuntanza, ten como un dos obxectivos principais, axudar a poñer en alza todas as actividades da comarca relacionadas co mundo marítimo-pesqueiro, en darlle valor aos recursos naturais, aos recursos marítimos, etc..deste ámbito territorial
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Centro de dia innovador vinculado co sector pesqueiro do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte
Creación de emprego, principalmente mulleres
Xerar actividades alternativas para ofertar aos usuarios e usuarias do Centro de día, poñendo en valor o sector pesqueiro e marisqueiro do territorio
Utilizar e aproveitar todos os recursos naturais (principalmente do sector da pesca) que ofrece este territorio.
Xerar emprego estable e de calidade, contratación de 3 mulleres xa dende o inicio.
Apoio á conciliación laboral e familiar das xentes do mar deste ámbito territorial, incidindo nas mulleres.
Dar a coñecer aos usuarios e usuarias as Confrarías de Pescadores deste ámbito territorial e o seu funcionamento
Colaboracións puntuais coas 6 Confrarías de Pescadores do territorio, a través de convenios de colaboración
Obras de acondicionamento do Centro de Día Xuntanza e maquinaria, equipamento, electrodomésticos e equipamento informático para a súa posta en marcha. Este Centro de día está situado nunha zona cunha gran actividade pesqueira e marisqueira principalmente. Homes e mulleres levan anos traballando tanto no marisqueo a flote como a pe, e probablemente algúns dos futuros usuarios serán ou terán algún familiar relacionado con esta actividade.
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Contribuír activamente á eliminación das barreiras de xénero.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)