
O presente proxecto vai dirixido en dúas liñas de actuación principalmente:
-Mellorar a competitividade da actividade de procesado de produtos procedente da pesca artesanal adecuando as instalacións da confraría e adquirindo novo equipamento que permitan sacar dous novos produtos: polbo codico conxelado e peixe conxelado (sobre todo raia e pescada).
-Creación dunha nova marca colectiva: peixes e mariscos Mar de Lira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O principal obxectivo do proxecto é a mellora competitiva da actividade de procesado de produtos procedentes a pesca costeira artesanal mediante a adecuación das instalacións e equipamentos para sacar ao mercado dous novos produtos: polfo cocido conxelado, baixo a marca Polbo de Lonxa, e peixe conxelado, fundamentalmente raia e pescada, baixo a marca colectiva a crear neste proxecto , Mar de Lira.
Co desenvolvemento do proxecto espérase conseguir os seguintes resultados:
-Implementar unha nova línea de procesado de polbo (limpiado, eviscerado, ultraconxelado e cocido) para sacar ao mercado un novo produto: o polbo cocido e conxelado baixo a marca Polbo de Lonxa.
-Crear unha marca colectiva que axude a diferenciar e valorizar os produtos da pesca costeira artesanal no no ámbito de actuación: peixes e mariscos Mar de Lira.
-Implementar unha nova línea de procesado de peixe (limpiado e eviscerado, cortado e ultraconxelado) para sacar ao mercado novos produtos: raia conxelada, lomos de pescada artesanal conxelada, etc. todos eles baixo a marca Mar de Lira.
-Diversificar a actividade da planta de procesado para non depender soamente dunha especie, o polbo. Esto nos permitirá seguir coa actividade nas épocas de paro biolóxico do polbo ou en épocas de escasede de recurso.
-Consolidar e aumentar o emprego en torno á actividade de procesado.
-Aumentar a capacidade produtiva do procesado do polbo (limpiado, eviscerado e ultraconxelado).
-Aumentar a cifra de negocio da planta de procesado.
ACTIVIDADE 1: adecuación do almacén nº1 de Portocubelo para aloxar nel una nova cámara de conxelado do produto final.
A confraría dispón, a través dunha concesión administrativa por parte de Portos de Galicia, do almacén número 1do porto de Portocubelo. Este almacén, inutilizado neste momento, se rehabilitará, saneará e acondionará para aloxar unha nova cámara de conxelación de produto terminado. Isto permitirá aumentar a capacidade de almacenamento do produto terminado conxelado para acometer con éxito a produción de novos produtos, dado que as cámaras das que se dispón neste momento xa se están utilizando.
O alcande desta actividade será a da obra civil par acondicionar o almacén e a instalación da cámara de conxelación e equipos de frío.
ACTIVIDADE 2: obra civil para acondicionar a planta de procesado ás novas esixencias e para habilitar duas entreplantas de almacenaxe de envases e material de embalaxe na Lonxa.
A través desta actividade realizarase a obra civil necesaria para acondicionar a lonxa ás novas liñas de produción (nova cociña, novos portais de acceso, chans e tabiques) e para habilitar dúas entreplantas que se utilizarán como lugar de almacenaxe de envases e material de embalaxe dos novos produtos: bandexas, bolsas, caixas, rollos de etiquetas, etc.
O alcance desta actividade será a seguinte:
-Obra civil para tabiquería, chans e portais.
-Entrepalanta de almcenaxe.
-Barandillas para as entreplantas.
-Subministro de panelados para cociña.
-Construcción dun recinto anexo aillado e con aseo para dar servizo de vestuario e almacén á Lonxa.
O aloxamento destes consumibles faise completamente necesario para poder garantir o subministro dos mesmos durante o proceso produtivo.
ACTIVIDADE 3: adquisición de máquina de procesaro e mobiliario: liña de polbo cocido.
Dentro desta actividade se contemplan as seguintes adquisicións para a línea de procesado de polbo cocido:
-Abatedor de temperatura: para enfriar rapidamente o polbo unha vez cocido.
-Cocedoiro de de polbo ao vapor: para cocer o polbo utilizando un forno de vapor (determinados clientes prefiren o polbo cocido deste xeito).
-Marmita industrial a gas: pra cocer polbo con auga (algúns clientes prefiren o polbo cocido deste xeito).
-Lavadora rizadora de polbo.
-Esterilizados de coitelos por ozono.
-Campás mural.
-Mesa en forma de L con cubeta fregadeiro en acero inox.
-Mesa neutra con con escurrideiro en acero inox.
-Mesa de traballo (0,60x0,70x0,85)
-Mesa de traballo (1,60x0,70x0,85)
-Termoselladora automática para barquetas con efecto SKIN.
-Mesa de rodillos de inox. para aloxar as barquetas que saen da termoselladora.
-Báscula electrónica ata 60 kg.
Todos os elementos desta actividade son necesarios durante o proceso do polbo cocido e conxelado.
ACTIVIDADE 4: Adquisición de máquinas de procesado e mobiliario: liña raia pelada, cortada e conxelada.
Dentro desta actividade se contemplan as seguintes adquisicións:
-Peladora de raia mariña, para pelar de forma automática o produto.
-Serra de cinta para cortar o produto de forma asistida.
-Báscula electrónica ata 60 kg.
-Báscula electrónica ata 160 kg.
Todos os elementos desta actividade son necesarios durante o procesado da raia envasada ao baleiro e conxelada.
ACTIVIDADE 5: Equipamento en fase de empaquetado.
Dentro desta actividade contémplanse as seguintes adquisicións para a zona de empaquetado do produto antes de proceder ao almacenamento da cámara de conxelado:
-Máquina flexadora para o produto terminado.
Todos os elementos desta actividade son necesarios durante o procesado de novos produtos.
ACTIVIDADE 6: Equipamento en fase de empaquetado.
Tras os últimos investimentos realizados pola confraría de pescadores de Lira na lonxa para a súa planta de procesado de polbo e raia crese necesaria a instalacións dun sistema de videovixiancia continua das instalacións. Por elo esta actividade incluirá a adquisición e instalación do seguinte equipamento:
-Equipo de videovixiancia , grabador, cámaras e TV de visor en tempo real.
-PC de control.
ACTIVIDADE 7: Instalación dun sistema de desinfección de auga salgada usada para o lavado de produto fresco.
Tras unha inspección sanitaria se esixe a instalación dun equipo de desinfección mediante radiación UV da auga salgada que utiliza no proceso de lavado do polbo e a raia.
Para elo esta actividade incluirá a adquisición e instalación do seguinte equipamento:
-Sistema de tratamento e desinfección por UV de auga salgada.
ACTIVIDADE 8: Nova marca colectiva de peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal costeira.
Se desenvolverá unha marca colectiva denominada Mar de Lira, coa que se identificarán e valorizarán o produto procesado na nova liña de produción, fundamentalmente raia eviscerada, cortada e conxelada en bandexas e lomos de pescada.
O desenvolvemento da marca incluirá o manual de usos da mesma.
Para poder lograr unha diferenciación do noso produto e darlle o valor que se merece no mercado (produto procedente da pesca artesanal e procesado polo propio sector pesqueiro) é imprescindible gozar dunha marca distintiva.
ACTIVIDADE 9: Deseño do Manual de Identidade Corporativa (MIC) da nova marca colectiva MAR DE LIRA.
A execución do proxecto permitiranos definir a imaxe corporativa coa que se identificará a nova marca MAR DE LIRA. O manual incluirá todas as aplicacións necesarias para destacar o produto no mercado: logotipo, aplicacións de papelaría, caixas de embalaxe, etiquetas de produto, furgón, etc.
ACTIVIDADE 10: Adaptación do actual sistema de trazabilidade e etiquetado aos novos produtos e desenvolvemento da web:
Modificarase o sistema de pesaxe, etiquetado e trazabilidade par adaptalo aos novos produtos que se procesarán: engadir ao maestro de especies as novas especies, deseñar e implementar as novas etiquetas. Ademais, implantarase a web onde se poderá consultar online a información individual da trazabilidade.
Esta acción é indispensable para cumplir con:
-O etiquetado legal esixible aos novos produtos.
-O obxectivo de transparencia e claridade ao respecto da trazabilidade e orixe do produto que vimos ofrecendo ao cliente final, consumidor dos nosos produtos.
Obxectivo Estratéxico 1: Sector Pesqueiro
1.1 Fomento dun sector pesqueiro sostible ambientalmente, eficiente no uso dos recursos, innovador, competitivo e baseado no coñecemento.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)