
O proxecto presentado consiste na apertura dunha peixería turística na localidade Mallou, concello de Carnota, orientada sobre todo á posta en valor da pesca costeira artesanal. Paralelamente empregarase unha comercialización on line a través dunha web dos produtos da peixería.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Posta en valor da pesca costeira artesanal a través da creación dunha peixería gastronómica visitable. que favorecerá a comercialización dos produtos procedentes desta arte preto do porto de Lira, esta posta en valor compleméntase coa creación dunha páxina de venda on line que tratará de sensibilizar ao consumidor final do valor dos recursos vendido, e da tendencia á desaparición dos mesmos, se non se respecta a normativa establecida.
-Mellora da comercialización da oferta local, baseada no produto procedente da pesca costeira artesanal e concretamente na produción das lonxas de Lira, Muros e Fisterra.
-Dotar dun novo servizo turístico ao concello de Carnota e concretamente ao xeodestino da Costa da Morte ao tratarse dunha peixería visitable orientada ao mercado turístico.
-Posicionar a pesca costeira artesanal en novos mercados a través da creación da tenda on line.
-Satisfacer a demanda de distintos establecementos de restauración sobre todo no que atinxe á liña de produto de polbo conxelado.
-Sensibilizar ao consumidor final da importancia da preservación dos recursos pesqueiros e do medio ambiente para garantir a pervivencia desta arte de pesca.
-Crear un novo servizo desto do Club de Turismo Mariñeiro MarGalaica sendo un referente de establecemento Km0 dentro do mesmo.
-Dota dun servizo complementario ao restaurante que actualmente rexenta o promotor do proxecto retroalimentándose ambas as dúas iniciativas.
-Xerar sinerxias con outras entidades do sector pequeiro como ser a lonxa de Lira debido á proximidade entre ambos establecementos.
-Contruis á desestacionalización do restaurante co que se complementa e o mantemento do emprego do mesmo.
A primeira actividade consiste na creación dunha peixería turística na localidade de Mallou Carnota, dita peixería que será visitable será un referente da gastronomía Km0 no territorio e da posta en valor da pesca costeira artesanal, estará localizada na parte baixa do actual restaurante A Morosa e funcionará a modo de obradoiro artesán, permitindo que os seus visitantes poidan ver en directo unha selección das mellores especies desta arte, así como o esmerado tratamento no lavado, fileteado e preparado das distintas especies, todo isto acompañado polas explicacións de Javier Beiro, un especialista no peixe de baixura do territorio, e o seu persoal de apoio.
O visitante poderá mercar o peixe e o mariscod os expositores ou elixir unha peza para degustala no restaurante sito no planta superior. A oferta do Mar da Morosa estará ocmposta das seguintes especies; San Martiño, lubina, curuxo, rodaballo, linguad, caéracho e choco en canto a peixes, e en canto a mariscos, percebe, mexillón, ameixa, berberecho, ostra, centola, nécora e bogavante e ademais constará de polbo fresco e conxelado procedente da confraría de Lira.
A peixería precisará das instalacións necesarias para ofertar este servizo, que se consiguirán coa reforma do baixo onde se pretende implantar e o equipamento necesario pra ofertar esta actividade, expositores, frigoríficos, mesas de traballo, vertedoiros e detalles como a vaixela ou os uniformres para ofertar un servizo da mellor calidade que oa mesmo tempso sexa capaz de transmitir a mensaxe da posta en valor do territorio que se pretende, convertendo os recursos do Mar da Morosa nun atractivo turístico.
A segunda actividade consiste en dar a coñecer fora do ámbito local a actividade que se pretende e poder promocionar o territorio e os recursos dos mar do mesmo concienciando e sensibilizando aos potenciais clientes da importancia da súa preservación, reforzando ao mesmo tempo o valor de mercado dos mesmos. Isto farese a través da creación dunha tenda on line onde se ofertarán os produtos dos expositotes da peixería, a calidade neste caró irá reforzada pola presentación do produto a través do seu packaging que ademais dun novidoso deseño incluirá unha carta de presentación do produto e do selo promocional Km0 MarGalaica.
Para as dúas actividades a peixería precisará dunha furgoneta isotermo para recoller a mercancía nas lonxas o que lle permitirá competir no prezo do produto ao non ter que sufragar o custe do transporte.
Para a venda on line esta actividade irá acompañada dunha campaña de marketing para posicionar Mar da Morosa neste novo mercado.
Tamén se procederá á sinalización oportuna na localidade para dar visibilidade a este novo negocio.
Obxectivo estratéxico 1. Sector pesqueiro
1.1.2.1 Valorización dos produtos da pesca local mediante o apoio á comercialización e presenza nos mercados dos produtos pesqueiros como o potenciamento do valor engadido dos mesmos.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)