Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mar da Morosa, artesáns do peixe

O proxecto presentado consiste na apertura dunha peixería turística na localidade Mallou, concello de Carnota, orientada sobre todo á posta en valor da pesca costeira artesanal. Paralelamente empregarase unha comercialización on line a través dunha web dos produtos da peixería.

Datos xerais
Acrónimo: 
DAMOROSA
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Javier Beiro Rebollido
Datos de interese: 
www.mardamorosa.gal
Perfil empresarial: 
Persoa física
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se es establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
06/08/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Concello de Carnota

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
271.941,77 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
264.884,22 €
Total axuda pública aprobada (€): 
111.781,14 €
% Subvención: 
42,4
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
95.013,97 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
16.767,17
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
3
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Posta en valor da pesca costeira artesanal a través da creación dunha peixería gastronómica visitable. que favorecerá a comercialización dos produtos procedentes desta arte preto do porto de Lira, esta posta en valor compleméntase coa creación dunha páxina de venda on line que tratará de sensibilizar ao consumidor final do valor dos recursos vendido, e da tendencia á desaparición dos mesmos, se non se respecta a normativa establecida.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-Mellora da comercialización da oferta local, baseada no produto procedente da pesca costeira artesanal e concretamente na produción das lonxas de Lira, Muros e Fisterra.

-Dotar dun novo servizo turístico ao concello de Carnota e concretamente ao xeodestino da Costa da Morte ao tratarse dunha peixería visitable orientada ao mercado turístico.

-Posicionar a pesca costeira artesanal en novos mercados a través da creación da tenda on line.

-Satisfacer a demanda de distintos establecementos de restauración sobre todo no que atinxe á liña de produto de polbo conxelado.

-Sensibilizar ao consumidor final da importancia da preservación dos recursos pesqueiros e do medio ambiente para garantir a pervivencia desta arte de pesca.

-Crear un novo servizo desto do Club de Turismo Mariñeiro MarGalaica sendo un referente de establecemento Km0 dentro do mesmo.

-Dota dun servizo complementario ao restaurante que actualmente rexenta o promotor do proxecto retroalimentándose ambas as dúas iniciativas.

-Xerar sinerxias con outras entidades do sector pequeiro como ser a lonxa de Lira debido á proximidade entre ambos establecementos.

-Contruis á desestacionalización do restaurante co que se complementa e o mantemento do emprego do mesmo.

 

Principais actividades do proxecto: 

A primeira actividade consiste na creación dunha peixería turística na localidade de Mallou Carnota, dita peixería que será visitable será un referente da gastronomía Km0 no territorio e da posta en valor da pesca costeira artesanal, estará localizada na parte baixa do actual restaurante A Morosa e funcionará a modo de obradoiro artesán, permitindo que os seus visitantes poidan ver en directo unha selección das mellores especies desta arte, así como o esmerado tratamento  no lavado, fileteado e preparado das distintas especies, todo isto acompañado polas explicacións de Javier Beiro, un especialista no peixe de baixura do territorio, e o seu persoal de apoio.

O visitante poderá mercar o peixe e o mariscod os expositores ou elixir unha peza para degustala  no restaurante sito no planta superior. A oferta do Mar da Morosa estará ocmposta das seguintes especies; San Martiño, lubina, curuxo, rodaballo, linguad, caéracho e choco en canto a peixes, e en canto a mariscos, percebe, mexillón, ameixa, berberecho, ostra, centola, nécora e bogavante e ademais constará de polbo fresco e conxelado procedente da confraría de Lira.

A peixería precisará das instalacións necesarias para ofertar este servizo, que se consiguirán coa reforma do baixo onde se pretende implantar e o equipamento necesario pra ofertar esta actividade, expositores, frigoríficos, mesas de traballo, vertedoiros e detalles como a vaixela ou os uniformres para ofertar un servizo da mellor calidade que oa mesmo tempso sexa capaz de transmitir a mensaxe da posta en valor do territorio que se pretende, convertendo os recursos do Mar da Morosa nun atractivo turístico.

A segunda actividade consiste en dar a coñecer fora do ámbito local a actividade que se pretende e poder promocionar o territorio e os recursos dos mar do mesmo concienciando e sensibilizando aos potenciais clientes da importancia da súa preservación, reforzando ao mesmo tempo o valor de mercado dos mesmos. Isto farese a través da creación dunha tenda on line onde se ofertarán os produtos dos expositotes da peixería, a calidade neste caró irá reforzada pola presentación do produto a través do seu packaging que ademais dun novidoso deseño incluirá unha carta de presentación do produto e do selo promocional Km0 MarGalaica.

Para as dúas actividades a peixería precisará dunha furgoneta isotermo para recoller a mercancía nas lonxas o que lle permitirá competir no prezo do produto ao non ter que sufragar o custe do transporte.

Para a venda on line esta actividade irá acompañada dunha campaña de marketing para posicionar Mar da Morosa neste novo mercado.

Tamén se procederá á sinalización oportuna na localidade para dar visibilidade a este novo negocio.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1. Sector pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.2.1 Valorización dos produtos da pesca local mediante o apoio á comercialización e presenza nos mercados dos produtos pesqueiros como o potenciamento do valor engadido dos mesmos.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)