Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Galp Ría de Arousa intercambia con Italia experiencias sobre moluscos

 

Onte comezou a visita que representantes dos GALPs Ría de Vigo, Ría de Pontevedra e Ría de Arousa están realizando ao FLAG (equivalente ao GALP galego) italiano Emilia Romana para coñecer de perto as liñas de traballo que desenvolve nese territorio.

En concreto, dende a Xunta Directiva  do GALP Ría de Arousa, mostrouse interese en ter mais coñecemento sobre a forma de produción e comercialización dos moluscos bivalvos e mexillón en Italia, dada a similitude de traballo co noso territorio e a relación que hai entre empresas galegas e italianas de depuración e centros de expedición de moluscos, o que se reflicte nos importantes movementos en volume de produto entre ambos países.

Por outro lado o interese amosado polo sector pesqueiro fundaméntase en que Italia é a nación europea con maior produción de ameixa xaponesa, especie que cada vez ten maior importancia para as confrarías galegas, tanto por volume producido como por facturación asociada a  esa especie. Os GALP 5, 6 e 7 en Cervia teñen previsto coñecer varias iniciativas do territorio correspondente ao FLAG COSTA DELL’EMILIA ROMAGNA durante o 18, 19 e 20 de setembro.