Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ADQUISICIÓN DE CAMIÓN ISOTÉRMICO E NOVA EMBARCACIÓN. MELLORA PROCESOS, EFICIENCIA ENERXÉTICA

O presente proxecto ten como finalidade reforzar e modernizar de forma integral a capacidade operativa da Confraría de Pescadores Santo Antonio de Cambados. A través da adquisición dun camión isotermo gasificado con etiqueta ECO e dunha nova embarcación de traballo, a Confraría ampliará as súas capacidades tanto en terra como no mar, optimizando a cadea de frío e a seguridade alimentaria, reforzando as tarefas de apoio, control e xestión da actividade pesqueira e marisqueira e contribuíndo a unha utilización máis ordenada e sostible dos recursos. En conxunto, estes investimentos permitirán modernizar os servizos da entidade, mellorar as condicións de traballo e consolidar o seu papel como axente crave no desenvolvemento do sector pesqueiro do territorio, cun claro beneficio colectivo para o conxunto dos seus socios e para a economía local.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Cofradía de pescadores de Cambados
Datos de interese: 
https://www.confrariacambados.es/es/
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
15/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
4
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Cambados

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
123.600,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
123.600,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
123.600,00€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
86.520,00€
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
37.080,00€
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto ten como obxectivo reforzar e modernizar a capacidade operativa da Confraría de Pescadores Santo Antonio de Cambados, mediante a incorporación dun camión isotermo gasificado con etiqueta ECO e unha nova embarcación destinada a labores de apoio, control e xestión da actividade pesqueira e marisqueira. A adquisición do camión permitirá mellorar a eficiencia enerxética, reforzar a cadea de frío e a seguridade alimentaria e garantindo unha manipulación e transporte do produto en condicións óptimas de calidade e seguridade. Pola súa banda, a incorporación da embarcación ampliará a capacidade de actuación no ámbito marítimo, reforzando as tarefas de apoio ao marisqueo e a pesca, o control da actividade e a protección do medio mariño, contribuíndo a unha xestión máis ordenada e sostible dos recursos. O proxecto persegue fortalecer a sustentabilidade ambiental, modernizar os medios de traballo.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A execución do proxecto permitirá mellorar de forma significativa a eficiencia enerxética e reducir as emisións asociadas á actividade da Confraría. O investimento reforzará a seguridade alimentaria e a calidade na xestión dos produtos, garantindo unha mellor conservación térmica e un maior control dos procesos. Así mesmo, incrementarase a seguridade nas operacións, ao incorporar sistemas avanzados de protección para operarios e terceiros, e mellorarase a capacidade operativa da entidade nos seus labores de apoio, control e servizo ao sector. O proxecto contribuirá á modernización e sustentabilidade do sector pesqueiro no territorio e terá un claro efecto demostrativo, xa que os seus resultados serán difundidos a través dos medios dispoñibles da Confraría e postos ao dispor do GALP, co fin de facilitar a transferencia de información e a replicabilidad das melloras por parte doutras entidades.

Principais actividades do proxecto: 

- Adquisición de novo camión gasificado con etiqueta ECO, con caixa isotermizada e equipo de frío de conxelación.

- Nova embarcación POLINAUTICA 800 de 8 metros de eslora.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Incrementar a sustentabilidade e a autonomía do sector na explotación dos recursos da pesca, marisqueo e acuicultura da Ría de Arousa.

Obxectivo específico da EDLP: 

Accións promovidas polo sector pesqueiro e outras entidades, orientadas a reducir o impacto negativo no medio ambiente.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)