Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Alumnado do Grove participa no programa de sensibilización medioambiental da ría de Arousa

 

Iniciamos a semana nas praias do Concello do Grove para concienciar ás alumnas e alumnos de 1° e 4° de ESO do IES As Bizocas sobre a necesaria sustentabilidade da ría de Arousa e do noso mar, no marco do programa de educación medioambiental POR UN FUTURO SOSTIBLE NA NOSA RÍA. A actividade completa a sesión didáctica que o alumnado recibiu na aula hai uns días.