Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Coñecer a situación das mulleres que traballan no mar

 

Mañá xoves 23 de maio terá lugar, no Recinto Ferial Fexdega, a primeira reunión entre o Galp Ría De Arousa e a Asociación de Mulleres do Mar de Arousa. Nesta toma de contacto presentaranse á Asociación os obxectivos principais dun estudo que se realizará para coñecer a situación das mulleres que desenvolven a súa actividade profesional na Ría de Arousa.