sábado, 29 de Xuño de 2019 - 02:06

Varias asociacións de Cambados participaron este sábado 29 de xuño nunha visita á illa de Cortegada dentro das actividades medioambientais que está organizando o Galp 5 nos concellos da Arousa Sur. As persoas convocadas para esta actividade pertencen á Asociación Obradoiro Volandeira, Asociación Cultural Corvillón-Xironsa, Asociación Cultural Prado de Sineiro, Asociación Cultural Festa Virxen de Lourdes Corvillón, Asociación de Veciños S.Vicente de Oubiña, Asociación O Batuqueiro de Vilariño, Coral Polifónica Santa Mariña, Asociación Cultural No Garaxe e MMRR As Saíñas de Castrelo.

