Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Asociacións de Cambados participan nas actividades de sensibilización medioambiental

 

Varias asociacións de Cambados participaron este sábado 29 de xuño nunha visita á illa de Cortegada dentro das actividades medioambientais que está organizando o Galp 5 nos concellos da Arousa Sur. As persoas convocadas para esta actividade pertencen á Asociación Obradoiro Volandeira, Asociación Cultural Corvillón-Xironsa, Asociación Cultural Prado de Sineiro, Asociación Cultural Festa Virxen de Lourdes Corvillón, Asociación de Veciños S.Vicente de Oubiña, Asociación O Batuqueiro de Vilariño, Coral Polifónica Santa Mariña, Asociación Cultural No Garaxe e MMRR As Saíñas de Castrelo.