Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROPOSTA PROVISIONAL DA XUNTA DIRECTIVA DO GALP RÍA DE AROUSA

A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa en reunión celebrada en Vilagarcía de Arousa o 5 de maio de 2025, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “ Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025”
 
Esta proposta de Resolución Provisional non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente.
Outorgarase un prazo de alegacións contra esta proposta de 10 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP RÍA DE AROUSA e na web, segundo establece o Artigo 20.1 da Orde de 12 de febreiro de 2025. De non existir alegacións e unha vez rematado o prazo, esta proposta elevarase a definitiva.
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP RÍA DE AROUSA, segundo establece o artigo 20.1 da Orde de 12 de febreiro de 2025, da Consellería do Mar. Esta publicación non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

 
Na seguinte ligazón poden consultarse as resolucións provisionais :
      - Proposta provisional partida 760: https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_prov_760.pdf
      - Proposta provisional partida 780:  https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_provisional_780.pdf