Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A estrea da curta 'Mariñeiro' encheu o auditorio de Cambados

 

O pasado 9 de febreiro estreouse a curta documental 'Mariñeiro' encadrado dentro das actividades de dinamización do GALP Ría de Arousa para poñer en valor a cultura mariñeira. O documental está dirixido por Juan Galiñanes contando co excelente actor Celso Bugallo. Este traballo pretendía recoller os testemuños dos mariñeiros da Ría de Arousa ao longo do tempo, personalizadas con enorme maestría polo noso queridísimo actor Celso Bugallo. Ao acto asistiron a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Carballo, a Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e a Presidenta do GALP, María José Vales Martínez. A presentación correo a cargo da xerente do GALP, Rosa Carballo. Á estrea acudiron Patróns Maiores e representantes do sector pesqueiro de toda a Ría de Arousa, nun auditorio de Cambados que tivo que colgar o cartel de completo.