
A Illa de Arousa acollerá, o próximo 13 de outubro, un taller do proxecto PescaConCiencia, iniciativa desenvolvida no marco do "O Ano Internacional da Pesca e a Acuicultura Artesanais", declarado pola FAO, que ten por obxectivo promover a colaboración entre o sector pesqueiro e o ámbito académico co obxectivo de mellorar o coñecemento sobre a vulnerabilidade do sector, os impactos do cambio climático na pesca artesanal e a identificación de medidas de adaptación.
De parte do eido investigador estarán presentes o equipo de Sebastián Villasante da Universidade de Santiago de Compostela (USC); representantes do IEO (Grupo de investigación de microalgas nocivas), Rafa Bañón (Xunta de Galicia / CSIC); e Alba Aguión (Duke University, EEUU-FAO).
Tras cada intervención haberá un debate sobre a percepción do sector aos cambios percibidos, inquedanzas e intercambio de coñecemento e identificación de posibles áreas de colaboración entre academia e sector pesqueiro.
O evento terá lugar na sede da Confraría da Illa de Arousa, na avenida Castelao, 32, na Illa de Arousa (Pontevedra).
As persoas interesadas en asistir deberán confirmar asistencia cubrindo o seguinte formulario: https://bit.ly/InscricionPescaConCienciaArousa
PROGRAMA