martes, 13 de Novembro de 2018 - 09:11

O alumnado do Ceip Torre Illa do concello da illa de Arousa participou hoxe no programa de sensibilización medioambiental que está desenvolvendo o Galp Ría de Arousa nos centros educativos de todo o seu territorio. Foron en total 150 nenas e nenos de 4°, 5º e 6° de primaria os que asistiron á actividade que se plantexou na aula e que estivo enfocada, como ven sendo habitual, a facelos conscientes da súa responsabilidade á hora de evitar que o lixo, e en especial os residous plásticos cheguen ao mar, onde son altamente contaminantes, non só para a flora e fauna mariña, senón tamén para os humanos a través do consumo de distintos produtos mariños.

