Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Ruta dos Faros pasa o sábado por Corrubedo

 

A Ruta dos Faros de Galicia continúa este sábado 23 de novembro co seu programa de Andainas Culturais na costa de Galicia, unha oportunidade perfecta para descubrir as paisaxes do mar en outono. Desta vez, grazas á colaboración do GALP Ría de Arousa, a ruta chegará á localidade de Corrubedo.

A actividade dará comezo ás 12:00 cunha visita ao Centro de Interpretación de los Ecosistemas del Litoral de Galicia e continuará coa charla dunha percebeira, arredor do seu traballo no mar. Trala comida (libre) o grupo concentrarase no faro de Corrubedo ás 16:00h, para realizar unha andaina de 5 km pola Ruta dos Faros ao seu paso polo litoral desta localidade. A ruta será circular con regreso de novo ao faro, onde o grupo poderán participar na degustación de conservas da Ría de Arousa.

A actividade é gratuíta, con prazas limitadas (ata 40 participantes). A inscrición tamén está aberta para todas as Andainas Culturais, no seguinte enlace:

https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/ruta-dos-faros-de-galicia-rv-5x840/