mércores, 12 de Xuño de 2019 - 04:06

Continúan as actividades do programa medioambiental A Nosa Ría programadas polo Galp 5 nos concellos da Arousa Norte. Desta volta, un grupo de 22 persoas con diversidade funcional, acompañados polas súas familias, visitaron a zona de marisma da Xunqueira, na Pobra do Caramiñal, onde realizaron unha actividade sensorial sobre o espazo.

