Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Actividades de Sensibilización Medioambiental na costa de Arousa

 

 

O Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa, no marco das súas iniciativas de dinamización, está a por en marcha a II Edición dun programa de carácter medioambiental co que crear conciencia social de cara á conservación das zonas costeiras e co que potenciar a colaboración entre entidades do mesmo territorio na liña dun obxectivo común.

A principal actuación vai ser a limpeza de varias zonas de costa que se desenvolverá con escolares, colectivos da terceira idade e colectivos de persoas con diversidade funcional e coa que se pretende divulgar a importancia da non contaminación das zonas costeiras incidindo nos beneficios que eso supón para todo o territorio.

 

Ademais contará cunha actuación de sensibilización nos centros educativos coa que se traballará sobre os diferentes tipos de residuos, o seu tempo de residencia no medio e as formas coas que contamos para combatir a súa acumulación (redución, reutilización ou reciclaxe), todo iso a través dunha metodoloxía baseada na participación a través dos xogos e apoiada nas explicacións dos monitores de divulgación.

O programa levarase a cabo nos Concellos de Riveira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Catoira e participarán entorno a 350 escolares e varias entidades de carácter social, entre eles a asociación AMBAR, AMICOS e A Creba.