mércores, 11 de Outubro de 2023 - 03:10

No día de hoxe, tivo lugar en Vilagarcía de Arousa, o taller informativo sobre a nova convocatoria do período FEMPA. A participación ao devandito taller foi moi elevada para esta primeira convocatoria, o que demostra unha vez máis o carácter emprendedor deste territorio.
Recordamos que o vindeiro día 18 de outubro a partir das 11:15h terá lugar a recepción de participantes no taller que se celebrará na Sala de Xuntas da Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal, e no que se facilitará a información de cara a presentación de novos proxectos nesta convocatoria de axudas.
Agardamos a vosa participación.