
A proposta da promotora consiste na ampliación dun edificio existente sito no Lugar de Pontearnelas Nº 2, Vilanova de Arousa destinado a uso turístico con categoría de Pensión. Dita ampliación formalízase nunha edificación auxiliar situada na parte posterior da parcela, implantando nela unha serie de habitacións e un apartamento ( 6 en total )
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Aumentar a capacidade de aloxamento: Incluír 5 habitacións máis e 1 apartamento permitirá recibir a máis hóspedes e aumentar os ingresos.
- Diversificar os servizos: Incorporar novos espazos para mellorar a experiencia do cliente.
- Mellorar a comodidade e a experiencia do hóspede.
- Diferenciarse da competencia: Ofrecer instalacións e servizos únicos que fagan destacar a pensión fronte a outros aloxamentos.
- Aumentar a rendibilidade: Xerar maiores ingresos con máis hóspedes e servizos complementarios.
- Optimizar custos operativos: Mellorar a eficiencia das instalacións e reducir gastos a longo prazo.
- Evitar o despoboamento rural → Ao garantir emprego e oportunidades aos fillos do promotor e a outros mozos, redúcese a migración cara a áreas urbanas.
- Mellora da calidade de vida do traballadores → Fomento da conciliación laboral, igualdade salarial e eliminación da linguaxe sexista.
- Fortalecemento do turismo sostible → A oferta de paquetes turísticos relacionados coa pesca e a cultura mariñeira atraerá a visitantes interesados en experiencias auténticas.
- Preservación da identidade e tradicións locais → A exposición de imaxes do pobo pesqueiro e embarcacións antigas fomentará o arraigamento cultural.
- Valorización dos produtos con denominación de orixe → A venda e degustación de viños Rías Baixas, bagazos e repostería típica potenciarán o recoñecemento da gastronomía local.
- Concienciación sobre sustentabilidade e medio ambiente → Os talleres e xornadas divulgativas fomentarán a protección dos recursos mariños e o turismo responsable.
- Proporcionar aloxamento e acoller a peregrinos, planificadores de roteiros, veciños da zona e traballadores do polígono industrial próximo.
- Pretendemos favorecer a transmisión xeracional, que os fillos do promotor traballen no proxecto e algún día poidan herdar o negocio. Con iso daremos un impulso á poboación rural, evitando que os mozos migren a outros lugares con máis oportunidades laborais.
- Realizaremos talleres de economía verde e reciclaxe que promovan o desenvolvemento sostible tanto dos diferentes roteiros como do Camiño de Santiago, así como a súa influencia real na pesca e os diferentes procesos de cultivo na Ría de Arousa.
- Venda de produtos innovadores, como algas ou ourizos de mar, apostando pola I+D+i
- Degustación e venda de todo tipo de produtos da zona con denominación de orixe, como veu Rías Baixas, oruxos ou repostería típica.
- Exposición de imaxes do pobo pesqueiro e de embarcacións antigas para fomentar a cultura tradicional mariñeira da rexión.
- Ofrecer paquetes turísticos aos nosos clientes, como, por exemplo, que poidan visitar barcos, embarcacións, mercados ou fábricas de conservas da man de persoal experto.
- Xornadas divulgativas sobre a importancia da sustentabilidade dos recursos mariños.
- Accións de sensibilización sobre o coidado e a preservación do medio mariño e natural.
- Fomentar a igualdade entre os nosos traballadores e clientes. Evitarase en todo momento unha linguaxe sexista, facilitarase a conciliación familiar e unha retribución xusta en igualdade de condicións para homes e mulleres.
- Crearemos 2 novos postos de traballo de mulleres da zona co obxectivo de poder atender de forma eficiente en incremento da actividade que esperamos unha vez finalizada a ampliación das nosas instalacións.
- Apostaremos polo sector pesqueiro como motor económico e de todo o proceso produtivo, do que formamos parte na cadea de consumo final.
Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas
Promover a diversificación do sector a través de novas actividades ou novos aproveitamentos de recursos, a través da economía circular ou outros sectores
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

