Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ANUNCIO CURSOS PARA DESENVOLVER ACTIVIDADES DE TURISMO MARIÑEIRO NA RÍA DE AROUSA

 

O GALP Ría de Arousa convoca cursos dirixidos a mulleres profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar; mozas e mozos, ata 35 anos, profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar; e propietarios, traballadores e familiares de estaleiros, carpinterías de ribeira e embarcacións tradicionais.

O obxectivo desta formación é mellorar as competencias e capacidades de certos colectivos dos profesionais do mar para o desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro.

A data de realización do curso presencial será o 20 de setembro e terá unha duración de catro horas, de 16 a 20. O lugar de celebración será a Aula de seminarios de FEXDEGA, Avd. Rodríguez Mendoza s/n, Vilagarcía de Arousa.

O curso ten un carácter eminentemente práctico que inclúe ademais sesións personalizadas nas sedes e nas localizacións das actividades de turismo mariñeiro cunha duración mínima de dúas xornadas.

O prazo para a presentación de solicitudes de participación remata o 18 de setembro ás 23:59 h. As solicitudes deberán ser feitas remitindo a gac5@accioncosteira.es o impreso que figura nas bases da convocatoria, publicadas en https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa