
As instalacións buscan diferenciarse por un especial coidado na arquitectura e a decoración das súas instalacións, respondendo ó concepto de “aloxamento singular”, e constará de 20 habitacións / estudio, para uso dobre ou familiar (4 das cales estarán habilitadas para o seu uso por persoas con mobilidade reducida), así como amplos espazos comúns, sala de lectura, terraza, etc.. Contará ademais con servizo de restaurante complementario ao de aloxamento, o restaurante Benboa, con instalacións anexas ao edificio e con conexión directa dende o mesmo, así como cunha sala de reunións e eventos, con capacidade para 50 persoas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Crear unha nova oferta de aloxamento turístico de calidade, cunha ubicación
privilexiada en pleno porto de Corrubedo e incorporando ademáis novas actividades como a da talasoterapia, co diseño dunha piscina de auga de mar ao aire libre con temperatura controlada para poder disfrutar durante todo o ano.
Creación de novas prazas de aloxamento turístico de calidade en Corrubedo.
Creación de novas actividades de lecer atractivas para o visitante, como as
relacionadas coa talasoterapia, a gastronomía ou a divulgación do turismo industrial.
Creación de novos postos de traballo.
Impulso e aproveitamento da riqueza do patrimonio mariño e medioambiental de Corrubedo.
Ademais do servizo propio de aloxamento, a empresa pretende poñer a disposición do cliente unha serie de actividades, desenvoltas tanto de forma interna como externa. Por unha banda, a través de acordos con empresas de turismo activo e outras organizacións que operan na comarca, poñerase a disposición dos clientes unha selección de actividades a desenvolver na natureza, tales como: roteiros turísticos, visitas á lonxa de Ribeira, paseos en barco, roteiros de sendeirismo ou clases de surf e vela. Por outra banda a empresa disporá de bicicletas para uso dos clientes e, aproveitando as instalacións actuais de benboa, desenvolverá diferentes actividades
de turismo industrial, de divulgación das diferentes técnicas de conservación dos produtos da pesca, salgaduras, afumados, escabeches ou conservas, así como xornadas e menús de Gastronomía mariñeira, utilizando sempre produtos da pesca procedentes da pesca artesanal da lonxa de Ribeira.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas.
Obxectivo específico 2.2: Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara as actividades turísticas
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

