Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Aplicación da Plataforma XESMAR

O proxecto consiste na implantación do uso da plataforma XESMAR, una plataforma accesible a través de web e aplicación móbil, pensada por e para o sector do marisqueo en Galicia, que busca a incorporación no sector de solucións baseadas nas novas tecnoloxías que simplifiquen a xestión e a organización do traballo, fomenten a formación dos e das profesionais do sector primario e ao mesmo tempo potencien a conexión e integración ao ter como obxectivo a súa implantación nas confrarías de todo o ámbito da Comunidade Autónoma.

Este proxecto pretende ser o faro TIC que guíe ao colectivo de traballadoras e traballadores do mar e ás súas confrarías, no proceso de modernización, simplificación de procesos e organización do traballo.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confrarías de Pescadores de San Antonio de Cambados e La Pastoriza de Vilanova
Datos de interese: 
Este proxecto correspóndese coa segunda fase da plataforma, tras unha primeira etapa de desenvolvemento, chega agora o momento de implantala no sector.
Perfil empresarial: 
Entidades do sector
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 9 de Xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratéxias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro.
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
03/08/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
14
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Autonómico

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
63.319,30
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
52.330,00
Total axuda pública aprobada (€): 
52.330,00
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
44480,50
FEMP (%): 
85
CA (€): 
7849,50
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
430
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Incrementar o empregro e a cohesión territorial.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A iniciativa promoverá unha mellora substancial do sector, grantindo o emprego neste colectivo e animando ás xeracións máis novas a inocrporarse a un sector eminentemente tradicional. Tamén mellorará a creación do emprego no ámbito do sector e sobre todo da actividade extrativa e do marisqueo, xerando un maior valor engadido dos recursos e contribuíndo ao desenvolvemento de toda a zona de influencia.

A conexión interterritorial verase xustificada nun proxecto conxunto que pretende ser a base para futuras iniciativas de relación entre confrarías, e entre outras entidades, mellorando a cohesión, a información e os resultados en beneficio de todo o sector.

O proxecto presenta unha iniciativa totalmente innovadora que se conreta na aplicación dunha plataforma tecnolóxica de última xeración accesible a través de web e aplicación móbil, pensada por e para o sector pesqueiro e do marisqueo en Galicia que busca a incorporación no sector de solucións baseadas nas novas tecnoloxías que simplifiquen a xestión e a organización do traballo, fomenten a formación dos e das profesionais do sector primario e ao mesmo tempo potencien a conexión e integración ao ter como obxectivo a súa implantación nas confrarías de todo o ámbito da Comunidade Autónoma.

Este proxecto pretende ser o faro TIC que guíe ao colectivo de traballadoras e traballadores do mar e ás súas confrarías, no proceso de modernización, simplificación de procesos e organización do traballo.

A plataforma contribuirá aportando propostas de valor que cubran necesidades sociais, formativas e integradoras, ademais de económicas. Fomentará a cooperación e a coordinación entre diferentes áreas xeográficas, e entre todos os colectivos do sector integrantes das mesmas, ademais de supoñer unha ferramenta que contribuirá a solventar unha problemática de organización e xestión que redunda nunha perda do beneficio e de oportunidades no sector.

O proxecto representa unha clara innovación integrando as TIC no sector, poñendo os resultados a disposición do público para que podan ser aproveitados e seguidos por entidades doutras zonas ou outros colectivos. A optimización dos recursos e a mellora na organización e xestion do sector, e moi especialmente do subsector primario-marisqueo, contribuirá á sostibilidade e protección do medio ambiente e dos recursos das zonas costeiras procurando a protección e a recuperación da biodiversidade acuática, fomentando unha actividade cun elevado nivel de protección do medio, do benestar, mellora no produto, na calidade, trazabilidade e comercialización, grantindo o equilibrio entre as actividades e a preservación dos recursos naturais, consolidando o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, e todo elo dende un punto de vista da foramción e profesionalización do persoal

Principais actividades do proxecto: 

En Galicia existen diferentes áreas de explotación marisqueira. Os plans de xestión son unha ferramente para unha explotación sustentable e a conservación dos recursos mariños que integran aspectos biolóxicos, soiais e económicos.

O sector do marisqueo a pe sufriu unha importante transformación desde a década dos 90, pasando de ser unha actividade fundamentalmente individual e meramente extractiva a transformarse nunha actividade organizada e que conleva traballos complementarios como o traslado de semente, limpeza de bancos marisqueiros, actividades de semicultivo necesarias para a mellora da produción, actividades de coidado, control, seguimento, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros, etc. A realización destes traballos complementarios do marisqueo son fundamentais apra unha explotación sostible dos recursos e reflicten o esforz da organización e o compromiso de todo o colectivo.

Considerando o volumen de mariscadoras nas áreas de explotación queda vixente a importancia de que se organice de xeito apropiado e que se incorporen mecanismos de planficación e xestión máis avanzados para poder optmizar todas as labores de organización econtrol.

 

A plataforma será accesible a través de internet desde o terminal móbil ou equipo de escritorio e disporá dunha parte pública a través da cal o colectivo estará informado das noticias e novidades de interese (tempo, mareas,etc) e tamén poderá acceder á parte privada (previa autentificación) para a consulta e execución dos traballos asignados. Nesta área privada, cada usuario, en función do seu perfil, disporá dos formularios e controis necesarios para levar a cabo o seu trballo, consultar a información correspondente ao seu contexto, etc. A implantación desta plataforma suporá unha importante mellora para o sector nos seguintes aspectos:

ÓRGANOS XESTORES:

Planificación dos traballos, asignación de recursos, determinación de cotas, etc

Consulta de traballos efectuados por diferentes criterios (rango, de data, tipo, etc)

Organización das mariscadoras en grupos de traballo

Consulta de histórico de topes de extracción

Visualización do grao de cumprimento dos trballos de cara ao control das renovacións

Lanzar notificacións ás mariscadoras de roma individual, en grupos ou a todo o colectivo.

Exportar documentación e certificacións de execución dos traballos nun formato que permita a súa integración cos sistemas desenvolvidos pola administración.

 

SUPERVISOR/A

Confirmación de asistencia

Labores de supervisión en campo

 

MARISCADOR/A

Consulta dos próximos traballos asignados

Consulta dos últimos traballos executados

Lectura de notificacións emitidas polos xestores

Ver as faltas e próximos días para a súa recuperación

Consulta de traballos executados segundo diferentes criterios (rango de datas, tipos, etc)

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible a través du uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños. 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego. 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono. 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5: Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais. 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 6: Fomento da cooperación.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1: Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.

Obxectivo específico 1.2: Acadar a incorporación laboral ou profesional da  mocidade e a profesionalización do sector pesqueiro.
 

Obxectivo específico 2.1: Conseguir novas utilidades dos recursos e os residuos pesqueiros.

Obxectivo específico 2.2: Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara ás actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.
 

Obxectivo específico 3.1: Desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da Ría de Arousa.

Obxectivo específico 3.2: Valorizar os espazos naturais  a través dun aproveitamento sostible.

Obxectivo específico 3.3: Reducir porcentualmente a pegada de carbono e incrementar o emprego de enerxías limpas e renovables.
 

Obxectivo específico 4.1: Preservar e poñer en valor o  patrimonio costeiro, para reforzar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro.
 

Obxectivo específico 5.1: Acadar maiores índices de participación e implicación do sector no desenvolvemento sostible da zona costeira.
 

Obxectivo específico 6.1: Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)