venres, 9 de Novembro de 2018 - 11:11

O temporal impediu que o alumnado de 4º da ESO do IES Félix Muriel de Rianxo realizase a recollida de lixo na praia como complemento á formación recibida no centro hai uns días dentro do programa de sensibilización A NOSA RÍA. A actividade prevista na praia transformouse pero iso non nunha amena sesión práctica na aula na que puideron poñer en práctica todo o aprendido sobre a xestión de residuos e na que se decataron de que non sempre temos claro como separar ou tratar o lixo que producimos.

