Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Arrancan as sesións de educación ambiental A NOSA RÍA na Arousa Norte

 

Hoxe arrancan as sesións do programa de educación ambiental A NOSA RÍA na Arousa Norte. A primeira parada foi no IES Número 1 de Riveira, onde 79 alumnas e alumnos de 4º da ESO fixeron na aula unha sesión de sensibilización arredor dos residuos plásticos. En concreto, coñeceron como os organismos mariños filtradores acumulan no seu organismo os microplásticos que están na auga, e de que xeito afecta isto á flora e faluna mariñas, e tamén ás persoas a través do seu consumo. A sesión apoiouse con material audiovisual e unha bolsa da compra con produtos de consumo diario para que puidensen visualizar a cantidade de plástico que se usa na súa embalaxe, e a necesidade de evitar este tipo de escollas, optando por produtos a granel ou con embalaxe non plástica.