
O proxecto consiste na construción dunhas cabanas biosostibles na zona costeira, que servirá como plataforma para a realización e promoción das actividades relacionadas co medio mariño e que promoverá a maridaxe dos produtos do mar con outros produtos da comarca. As biocabanas están construídas nunha parcela situada na Pobra do Caramiñal.
É un establecemento de pequenas dimensións, pero moi funcional e innovador. Conta inicialmente con seis cabanas, as cales están habilitadas expresamente para persoas con mobilidade reducida. As instalacions contan cunha zona común con espazos verdes e outra de recepción. Un dos principais obxectivos do proxecto é crear unhas instalacions cómodas e atractivas que permitan atraer clientela durante todo o ano. Procederase a realizar una web de reservas conectada aos principais operadores turísticos para sacarlle o máximo rendemento ás instalacions. Para iso, contrataranse os servicios dunha empresa especializada e incorporarase uns equipos informáticos para a xestión das reservas e a contratación das diferentes actividades turísticas que os clientes queiran desfrutar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Poñer en valor os novos xeitos de construción mediambientalmente sostibles como nova estratexia dos establecementos turísticos no territorio.
- Impulsar un novo concepto de servizo turístico que non existe no territorio, innovador, e que permitirá mellorar as prestacións turísticas da zona de Pobra do Caramiñal.
- Xerar actividades alternativas de negocio non estacionais que permitan incrementar a competitividade do proxecto durante todo o ano (restaurante, excursións, actividades de ocio, talleres, ...).
O proxecto que se pretende implementar permitirá acadar os seguintes resultados:
- Ampliar os servizos turísticos ofertados no territorio da Ría de Arousa, diversificando as actividades económicas da zona.
- Complementar os ingresos do promotor.
- Xerar sinerxías con outras empresas do territorio (servizos de lecer para turistas, pesca artesanal sostible, por en valor os recursos pesqueiros da zona,...).
- Colaboración con axentes territoriais (provedores locais, asociacións sen ánimo de lucro, confrarías de pescadores...).
- Incremento das inversións no territorio. Desestacionalización das actividades existentes no territorio.
O proxecto consiste na construción de unhas cabanas biosostibles na zona costeira, que servirá como plataforma para a realización e promoción das actividades relacionadas co medio mariño e que promoverá a maridaxe dos produtos do mar cos outros da comarca.
As biocabanas están construídas nunha parcela situada na Pobra do Caramiñal,. Trátase dun establecemento de pequenas dimensións, pero moi funcional e innovador. Consta de seis Cabanas, todas elas habilitadas expresamente para persoas con mobilidade reducida.
O hotel vai ter convenios con outras empresas da zona do sector turístico, promocionando desta forma:
-Excursións marítimas.
-Visitas a museos etnográficos.
-Visitas guiadas a lonxas e conserveiras.
-Talleres de produtos artesanais relacionados co sector pesqueiro.
Con este proxecto vaise a fomentar o crecemento económico da zona, estimulando a economía turística, incrementando o emprego, diversificando as actividades da zona e axudando ás actividades deportivas, gastronómicas e culturais.
Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

