Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Cambados súmase ás xornadas de educación ambiental do Galp Ría de Arousa

 

O alumnado do CEIP Magariños de Cambados participou nunha sesión formativa na aula, dentro das actividades de sensibilización mediambiental que está a levar a cabo o Galp Ría de Arousa con centros educativos e asociacións da zona. A xornada rematou cunha sesión onde as rapazas e rapaces tiveron a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos nunha sesión de limpeza e clasisificación de residuos que se levou a cabo na zona do Muíño das Mareas desa localidade.