Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CAMPAMENTO TURÍSTICO DE 4 ESTRELAS CON RESTAURANTE DE PRODUTOS DO MAR

O proxecto que se pretende realizar no monte do chazo, tratase dun campamento turístico biosostible e realizado en parte con materiais reciclables provintes do mar, así como dun restaurante enfocado nos produtos do mar.

O campamento contara con 10 cabanas bio-sostibles, 5 con capacidade para 2 persoas e 5 con capacidade para 3-4 persoas, que poñan en valor tanto o entorno marítimo como o ambiental, de madeira reciclable de batea e autosostibles construídas con placas solares para reducir o consumo eléctrico de cada unha delas, ademais os camiños cara as cabanas estarán elaborados de refugallos provintes do mar ( cascaras de bivalvos) e redes para valorizar o sector marítimo e colaborar coa reducción da refugallo nas praias da zoa así como concienciar da vida útil que seguen tendo os diferentes residuos provintes do mar.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
LYCRA FOOD, SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
EMPRESARIO INDIVIDUAL
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
09/08/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
20
Anualidades: 
2024-2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

O proxecto levarase a cabo no concello de Boiro

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
789.259,05
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
789.259,05
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000,00
% Subvención: 
25,3
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
140.000
FEMP (%): 
70
CA (€): 
60.000
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
12
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
0,8
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Os obxectivos do proxecto serán:

- Creación de postos de traballo

- Atracción de visitantes para resaltar a zoa marítima de Boiro, así como para incentivar o consumo na vila

- Creación de camping eco-sostible que poña en valor o entorno tanto ambiental como marítimo

- Utilización de refugallos procedentes do mar reciclados  para a creación de zoas comúns do camping

- Revalorización do sector pesqueiro a través da gastronomía.

- Inicio dunha nova actividade turística.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Mediante este proxecto de creación dun bio-camping sostible de 4 estrelas no alto do monte do chazo, con vistas cara a Ría de Arousa e cun restaurante de produtos de mar, esperase conseguir:

1. Concienciación do medio marítimo e ambiental da zoa.

2. Poñer en valor a beleza e a gastronomía da Ría de Arousa, atraendo turistas a zoa para que  poida crecer mediante a incentivación no comercio e a  restauración local.

3. Converter a Ria de Arousa nun punto de referente do turismo a nivel internacional.

4.Revalorizar o sector marítimo da zoa, a través da gastronomía.

5.Creación de emprego na vila, mediante a  creación de ata 7 postos de traballo fixos no primeiro ano e de ata 5 máis no segundo ano, sendo parte de estes provintes do sector do mar.

6. Reducir consumos eléctricos, pola posta da placas solares.

Principais actividades do proxecto: 

Mediante a creación deste camping biosostible pretendese por en valor o entorno da Ria de Arousa tanto paisaxísticamente como pola súa gastronomía pola creación dentro do recinto dun restaurante gastronómico orientado tanto os visitantes do camping como a persoas alleas. Con isto o que se pretende é por en valor os produtos marítimos procedentes da Ria e tratar que se expandan mais ala do territorio rexional, xa que o camping esta orientado a todo tipo de turistas tanto a nivel nacional como internacional coa apertura do camping tamén se intenta por en valor a beleza da Ria e tentar que sexa coñecida mais ala de Galicia.

Os beneficiarios destas dúas accións, se nos centramos na parte gastronómica, distribuidores, depuradoras e comerciantes de produto fresco do mar da zoa, xa que se utilizara produto de KM0 e proximidade e polo tanto as persoas dedicadas a recolecta e pesca de estes produtos veranse beneficiadas, para a parte do restaurante, por outra banda, na parte relacionada co camping os beneficiarios serán todas as empresas relacionadas co sector servizos xa que o incremento e atracción de turismo na zoa provocara un aumento na demanda destes (restaurantes, supermercados, prazas de abastos, alugueiros de barcos e outros materiais marítimos, cafetarías). A Ria de Arousa  paisaxísticamente falando, tamén será unha beneficiaria, xa que se poñerá en valor a súa riqueza que se poderá apreciar dende todos os puntos do camping, incluído dende o restaurante, e polo tanto dende as cabanas, o que acontecerá nun maior coñecemento da Ria a nivel internacional.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio a diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, o aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas

Obxectivo específico da EDLP: 

Diversificación do sector pesqueiro cara ás actividades turísticas facendo especial fincapé no sector turismo mariñeiro

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)