Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Campaña de sensibilización medioambiental na Arousa Sur

 

Un ano máis, o programa de educación ambiental "UN FUTURO SOSTIBLE NA NOSA RÍA", impulsado polo GALP Ría de Arousa, percorrerá, durante este mes de xuño, diferentes entidades e centros educativos nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Cambados e o Grove co obxectivo de sensibilizar sobre o coidado das contornas naturais do territorio.

O programa vai posibilitar o achegamento a problemáticas ambientais tan diversas como o a contaminación mariña, o cambio climático, a conservación do litoral, a biodiversidade, os espazos naturais, etc; ademáis de dar a coñecer e promover a estrutura e funcionamento do sector pesqueiro e marisqueiro da Ría de Arousa. Tamén se dará a coñecer o Parque Nacional das Illas Atlánticas, en concreto a contorna do arquipélago de Cortegada, posibilitando o uso e goce dos visitantes deste espazo naturail protexido, incidindo en pautas de comportamento da vida cotiá para participar activamente na conservación e mellora do medio ambiente.

Dentro dos obxectivos do programa está a dinamización do GALP Ría de Arousa e da súa Estratexia para dar a coñecer no territorio; o fomento da protección do medio natural; a integración de colectivos desfavorecidos; e a colaboración entre entidades dos GALP.

Achegamos o calendario de actividades para esta semana:

12 de xuño: Obradoiro de marisqueo a pé coa Asociación Bata. Sairá ás 17.30 h do porto de Carril.

14 de xuño: Obradoiro de marisqueo a pé coa Asociación Bata. 

15 de xuño: Actividade educativa e divulgativa na Illa de Cortegada do Parque Nacional Islas Atlánticas de Galicia. A visita comezará ás 11.30 h, pero poderá haber cambios en función da evolución do tempo.

16 de xuño: Actividade educativa e divulgativa na Illa de Cortegada. A visita comezará ás 11.00 h, pero poderá haber cambios en función da evolución do tempo. Participará a ANPA do IES Bouza Brey.