O proxecto Casa Marexada consiste na rehabilitación dunha vivenda tradicional situada en Boiro (A Coruña) para convertela nun establecemento turístico que combina aloxamento e experiencias gastronómicas vinculadas á cultura mariñeira e ao sector pesqueiro local. A vivenda disporá de dúas habitacións tematizadas sobre o marisqueo e a Ría de Arousa, así como unha zona de catas na planta baixa chamada “Del Mar á Lata”, onde os visitantes poderán degustar conservas de produtos do mar e coñecer o proceso de elaboración destas, promovendo a gastronomía e tradición pesqueira galega
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Finalidade do Proxecto
O proxecto Casa Marexada pretende cumprir os seguintes obxectivos:
1. Dinamizar o turismo sostible en Boiro, ofrecendo un aloxamento con encanto que poña en valor a tradición mariñeira e conserve o patrimonio arquitectónico local.
2. Impulsar a economía azul, apoiando aos produtores locais de conservas, viños e outros produtos gastronómicos mediante un espazo de venda e degustación.
3. Crear emprego directo e indirecto, promovendo a contratación de persoal para a xestión do establecemento e xerando sinerxías con outras empresas locais do sector turístico e gastronómico.
4. Fomentar a eficiencia enerxética e a sustentabilidade, empregando materiais ecolóxicos na rehabilitación, sistemas de iluminación LED e unha xestión eficiente dos residuos xerados.
5. Promover a desestacionalización do turismo, realizando as actividades fóra da tempada alta, organizando eventos e experiencias enogastronómicas que atraian visitantes durante todo o ano
O obxectivo é ofrecer unha experiencia inmersiva que valore a riqueza do mar de Galicia, contribuíndo á dinamización do turismo sostible e á promoción do produto local
As actividades a levar a cabo para desenvolver o proxecto son as seguintes:
1.- Obtención de licenzas e permisos necesarios para á execución das obras de reforma da vivenda.
2.- Execución das obras de reforma da vivenda, de conformidade co proxecto técnico que xa se elaborou para a rehabilitación dunha vivenda para o seu uso turístico. A instalación eléctrica será eficiente enerxéticamente, de xeito que teña un menor consumo que a existente.
3.- Instalación dos elementos de mobiliario e instalacións necesarias para poder dar comezo á actividade.
4.- Posta en marcha do proxecto e captación de clientes con actividades de divulgación e publicidade
Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Incrementar a sostenibilidade e a autonomía do sector na explotación dos recursos da pesca, o marisqueo e a acuicultura na Ría de Arousa.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

