
O proxecto MAR DE AROUSA consiste nun complexo coas actividades de bar e turismo activo poñendo en valor os atractivos, a materia prima, a historia e a etnografía da Ría de Arousa. Este complexo será un verdadeiro centro de interpretación vivo da ría. O propio cámping Paisaxe II chegará coa súa extensión ata a praia de Area Grande (San Vicente de O Grove), no propio cámping no acceso á praia ubicarase o chiringuito Mar de Arousa
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Diversificación de negocio. A empresa LEIDIZ S.L. consta de aloxamentos en plena natureza, que reciben cada ano centos de visitantes de Galicia, nacionais e internacionais. O complexo Chiringuito Mar de Arousa responde ao interese destes visitantes de coñecer os encantos da ría dende o punto de vista dos seus protagonistas. Asemade, en San Vicente do Grove, non existen negocios destas características, que poñan en valor as tradicións mariñeiras.
Porque trátase dun fondo totalmente relacionado co noso sector e coa vinculación que lle daremos co mar e o sector pesqueiro. Creemos que é importante potenciar esta zona costeira, que ten unha marxe fantástica de ensinar os nosos produtos a través de visitas guiadas ou en kaiaks as propias bateas por exemplo. Ou de promocionar e degustar os produtos da nosa costa no propio chiringuito. Mil maneiras de fomentar unha pesca e un medio sostible.
* Realizar visitas periódicas á lonxa, nas que se explicarán os diferentes pescados.
* Disporase dunha carta de tapas cos produtos típicos da zona, como son os mexillóns e as ameixas entre outros. Esta carta tamén realizará funcións interpretativas, posto que explicará a orixe e as formas de extracción dos diferentes peixes, mariscos e moluscos.
* O persoal do establecemento poderá explicar e poñer en valor cada un dos produtos da carta, relacionándoos cos aparellos de pesca expostos e poñendo en valor a tradición mariñeira da ría.
* Acolleranse periodicamente charlas e talleres de mariscadoras, pescadores e bateeiros que explicarán o seu traballo, os aparellos de pesca que utilizan, historias e lendas de mariñeiros. Tamén xornadas de sensibilización sobre temas tan importantes coma a sustentabilidade e o furtivismo
* O noso chiringuito tematizado, unha tradicional taberna de pescadores, decorado cos aparellos de pesca que se utilizan na Ría de Arousa; dende redes ata nasas ou raños dará unha imaxe do máis mariñeira para todas aquelas persoas que nos visitan.
* Ofreceranse actividades de paddle surf e kayak sempre coa vertente de difundir as actividades da Ría de Arousa, con rutas nas que se aprecie a tradición mariñeira da mesma: Ruta polas bateas, observación do marisqueo, etc
* En cada mesa do establecemento exporase un decálogo dirixido tanto aos residentes coma ós turistas que recollerá boas prácticas a ter en conta nas praias e mentres se realizan actividades no mar.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2
Apoio á diversificación dentro ou fóra do sector da pesca comercial, á aprendizaxe permanente e á creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas
Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara as actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)