sábado, 29 de Xuño de 2019 - 02:06

Este sábado 29 de xuño, un novo grupo de familias da ANPA co colexio Filipenses Sagrada Familia de Vilagarcía de Arousa, visitou a illa de Cortegada para participar nunha actividade educativa e divulgativa. Unha vez máis, a xornada tiña como obxectivo a sensibilización de alumnado, pais e nais, para que integren pautas de coidado medioambiental nas súas saídas a contornas naturais.

