Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Comezan as sesións de titorías para emprender en turismo mariñeiro

 

Hoxe luns a xerente do Galp Ría de Arousa, Rosa Carballo, presentou as xornadas de titorías para persoas interesadas en poñer en marca proxectos mariñeiros vinculados ao turismo mariñeiro. Estas sesións vanse celebrar durante toda a semana no Pazo Vista Real e supoñen a posta en prácica dos coñecementos teóricos adquiridos no curso impartido a semana pasada dentro do proxecto Mar das Illas. 

Durante as titorías, as persoas participantes terán a oportunidade de plantexar as súas propostas de emprendemento dentro do territorio da Arousa. Unha vez finalizadas as xornadas, manterán entrevistas individuais e sesións de asesoramento centradas nas necesidades de cada iniciativa: plan de negocio, proxecto de viabilidade, normativa que deben cumprir, visitas interpretativas, asesoramento para adaptar embarcacións para pescaturismo, subvencións, etc