
OS CEP Salustiano Rey e Pilar Maestu da Pobra do Caramiñal participaron entre onte e hoxe no programa de ecuación ambiental que está desenvolvendo o GALP RIA DE AROUSA. Despois dun xogo no que identificaron os tipos de residuos e aprenderon que xestión debemos facer de eles, os escolares aprenderon sobre reciclaxe, reutilizacion e redución facendo as súas propias figuras con material de refugallo. Obxectos de decoración navideña e do ámbito mariño foron os protagonistas da creatividade do alumnado.
Por outra banda, esta mañá a xerente do GALP, Rosa Carballo, presentou o programa nunha rolda de prensa en Riveira onde falou das actuacións que se van levar a cabo neste concello, e fixo tamén un repaso polas que xa se desenvolveron noutras localidades e as que aínda están pendentes de celebrarse. Na rolda estivo acompañada polos concelleiros de eduación e medio ambiente.

