Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Delegación coreana visita o GALP Ría de Arousa

Hoxe o GALP Ria de Arousa recibiu unha delegación coreana formada por funcionarios do Ministerio de Tierra, Infraestructura y Transporte e Ministerio de Océanos y Pesca xunto cunha persoa do ámbito empresarial. Nesta xornada estiveron interesados no funcionamento do GALP para o desenvolvemento do sector pesqueiro e acuicola producíndose un intercambio de impresións e unha exposición dos proxectos destacados desenvolvidos polo GALP. A xornada finalizou con gran satisfacción por ambas partes.