
O proxecto consiste en dimensionar a actual capacidade de produción da liña de negocio de elaborados de mexillón de V gama para atender a demanda existente. Para isto, ademais de dotar á liña de elaborados dun novo equipamento produtivo nos procesos de pesado, dosificación do mexillón aos envases e termoselado dos mesmos, necesítase ampliar a actual capacidade de depuración de moluscos vivo para abastecer de materia prima á mesma. O proxecto permitiranos medrar non só en capacidade de produción e volume de negocio, senón tamén poder facer fronte á estacionalidade das vendas -aspecto que caracteriza o negocio do mexillón- con métodos de conservación de vida util reducida suxeito unha caducidade reducida e ás particularidades do sector en canto episodios de toxina e desove. A aposta pola liña de negocio de maior valor engadido e a reducción da estacionalidade contribuirá en xeral a unha maior eficiencia dos procesos estratéxicos e dos ratios empresariais como a planificación de compras, a tesourería e, sen dúbida, a estabilidade do emprego de calidade, unha aposta e un compromiso coa responsabilidade social da empresa na comarca do Salnés.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Aumento da produtividade e do valor engadido de actividades.
- Aumento da diferenciación por lanzamento de novos productos e formatos.
- Mantemento e creación de emprego estable e de calidade por aumento das necesidades produtivas na liña de molusco elaborado refrixerado.
- Potenciar o relevo xeracional
- Poñer en valor os recursos do sector de gran tradición e peso económico en Galicia.
- Aumento da productividade xeral da empresa nun 40% que se corresponde cun 100% da liña de negocio de molusco elaborado.
- Diferenciación respecto á competencia grazas a evolución de procesos tradicionais moi manuais a outros automatizados totalmente eficientes e con garantía de calidade do producto final total, e o lanzamiento de novos productos
- Creación de emprego
- Adquisición da nova pesadora multicabezal para a dosificación automática do mexillón según necesidades dos distintos formatos e envases.
- Adquisición dunha nova liña de termoselado de bandexas que permite optimización de tempos de ciclos e procesos, diagnóstico e mantemento remoto, contadores de ciclos e monitorización de parámetros.
- Adquisicion de 500 bins de depuración de mexillón que permitirán o aumento da capacidade de depuración para afrontar o dimensionamento da nova capacidade de produción de moluscos elaborados.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible a través du uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxectivo específico 1.1: Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

