Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Encontro entre Arousa e Cataluña durante a I Conferencia Internacional de Mulleres da Pesca

 

No marco da "I Conferencia Internacional de Mulleres da Pesca" tivo lugar un encontro entre as Mulleres do mar de Arousa e a Asociación de Mulleres de Cataluña, para poñer en común demandas e necesidades de ambos territorios desde unha perspectiva de xénero, intercambiando experiencias e saberes co obxectivo de poñer en marcha liñas de colaboración e activar un frente común das mulleres do sector a nivel estatal.