Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Entre Culturas, Mar e Terra de Arousa

 

Amare turismo náutico SL é unha empresa que realiza rutas en embarcación pola Ría de Arousa. Con este proxecto poranse en marcha novas rutas que poden achegar un carácter innovador neste tipo de actividades.

As rutas previstas son: Ruta 'Artes de Pesca e as Conserveiras Galegas', 'Cata a cegas no mar de Arousa e os seus faros' e 'Ruta do Mar de Arousa no Camiño de Santiago'.

O proxecto ubícase na zona turistica da Ría de Arousa onde se atopan vilas como Cambados, Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía de Arousa... con grande afluencia turística e con paisaxes únicas como as illas de Cortegada pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, a illa de Rúa, a illa de Areoso, a illa de Arousa que conta co Parque Natural de Carreirón.

Para realizar estas novas rutas será preciso a incorporación dunha nova embarcación para poder desenvolver adecuadamente as actividades. Tamén se afrontará a creación dunha páxina web, así como unha campaña de marketing online.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
AMARE TURISMO NÁNUTICO
Datos de interese: 
Travesía Pombal 4, Illa de Arousa 36626 Pontevedra info@amareturismonautico.com
Perfil empresarial: 
Empresa
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
09/08/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
3
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Estatal

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
84.312,90 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
69.680,08 €
Total axuda pública aprobada (€): 
34.840,04 €
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
29.614,03 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
5.226,01 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
0125
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
1
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é a diversificación pesqueira cara novas actividades, de cara a diversificar o sector pesqueiro mediante actividades turísticas que se realizan na zona costeira da Ría de Arousa, tendo sempre como base o turismo mariñeiro.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Coa implementación deste proxecto póñense en valor os productos da pesca a través do turismo mariñeiro, dinamizando outras actividades na zona costeira a través do turismo mariñeiro, como pode ser o enoturismo, a gastronomía, o turismo cultural e relixioso, para acadar unha maior desestacionalización.

 

Principais actividades do proxecto: 

AS ARTES DE PESCA E AS CONSERVAS GALEGAS

Nesta ruta guiada con saída dende o porto do Xufre na Illa de Arousa amosaremos como se traballa o mar na Ría de Arousa. Poderase observar una batea de mexillóns e mesmo cambiar impresións cos bateeiros e tocar os mexillóns, comprobar como se extraen as ameixas tanto os omes desde embarcación como as mulleres dende terra; como se recolle o camarón, nécoras, centolas... E todas as artes de pesca que durante a ruta se podan atopar. Tentaremos durante esta ruta gozar do avistamento dos golfiños. Para concluír esta experiencia, organizamos a bordo unha cata a base de conservas das industrias conserveiras galegas. Neste caso, facemos unha unión entre a nosa cultura gastronómica e industrial e a nosa cultura mariñeira. Para o desenvolvemento desta actividade utilizaremos a nova embarcación que dispón de 12 prazas co obxectivo de poder atender a grupos maiores ata un máximo de 24. Deste xeito, conseguimos manter a nosa esencia que é o trato directo cos participantes. A duración da actividade será de tres horas.

CATA A CEGAS NO MAR DE AROUSA E OS SEUS FAROS

Ruta en embarcación pola Ría de Arousa con saída dende o porto do Xufre na Illa de Arousa. En primeiro lugar veremos o faro de Punta Cabalo para logo seguir rumbo ata a illa de Rúa, onde se atopa outro importante faro. Logo a bordo organizaremos as catas a cegas. A ruta realizarase na nova embarcación xunto coa embarcación propiedade da empresa. En cada unha delas terá lugar unha cata de viños de bodegas da nosa zona como pode ser Mar de Frades, Adegas Eidos, Pazo Rubiáns ou Altis. Tamén durante a ruta intentaremos contar co avistamento de golfiños. Neste caso facemos unión entre a nosa cultura enolóxica e a nosa cultura mariñeira. A duración da actividade será de tres horas.

O MAR DE AROUSA E O CAMIÑO DE SANTIAGO

Nesta saída unimos a Ruta do Padre Sarmiento coa Ruta dos restos do Apóstolo Santiago polo mar de Arousa, amosando a súa riqueza natural e cultural con saída desde Vilanova de Arousa ata a Illa de Arousa. Logo de visitar a súa igrexa, colleremos rumbo cara a illa de Cortegada e subiremos o río Ulla ata chegar a Pontecesures. Disporemos de 24 prazas. Neste caso facemos unha unión entre cultura relixiosa e cultura mariñeira. A duración da actividade será de tres horas.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible a través du uso eficiente dos recursos biolóxicos mariño.
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo específico da EDLP: 

 

  • Obxectivo específico 1.1: Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.
  • Obxectivo específico 2.2: Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara ás actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.
  • Obxectivo específico 3.1: Desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da Ría de Arousa.
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)