luns, 8 de Xullo de 2019 - 01:07

Este xoves 11 de xullo o programa de actividades medioambientais A NOSA RÍA, promovido polo GALP 5 no concellos da Arousa Norte dessenvolverá a ultima actividade desta edición na zona das charcas de Carragueiros, na localidade de Boiro. Participaran 22 nenos e nenas do centro social de Cabo de Cruz en horario de 11 a 13 horas. O obxectivo é sensibilizar ao público infantil descubríndolles os ecosistemas que habitan nos enclaves naturais da súa contorna e a importancia de protexelos.

