Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Estudiantes da Arousa participarán nas actividades medioambientais impulsadas polo GALP

 

«Un futuro sostible para a nosa ría» é o lema dun proxecto impulsado polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) de Arousa, que conta con financiamento europeo. Con el búscase concienciar aos máis pequenos da necesidade de coidar a súa ría ce en xeral todo o litoral mariño". Neste proxecto van participar as alumnas e alumnos de varios centros educativos da comarca, que ademáis de realizar actividades nos centros, colaborarán nunha xornada de limpeza dun areal do seu concello.

O programa de actividades comeza o día 5 de decembro, no colexio As Bizocas do Concello de O Grove, cunha xornada de sensibilización ambiental no centro escolar e que se completará cunha limpeza da praia Area da Cruz. O programa proseguirá os días 11 e 12, na Illa onde participarán todas as alumnas e alumnos do centro escolar Torre A Illa, así como as nenas e nenos da Galescola na compaña das súas nais e pais realizando con eles unha actividade de contacontos e limpeza da praia de Cabodeiro. Tamén participarán no programa de actividades medioambientais os centros educativos Ceip Arealonga de Vilagarcía de Arousa, Ceip Xulio Camba de Vilanova de Arousa e Ceip Antonio Magaríños de Cambados. En total participarán aproximadamente 541 alumnas e alumnos.

Este programa púxose en marcha desde o GALP RÍA DE AROUSA, que segundo a súa xerente, Rosa Carballo, busca «non só propiciar o desenvolvemento da zona na que se atopa asentado, senón tamén favorecer a creación de dinámicas que permitan a posta en valor do territorio entre os habitantes do mesmo, e a potenciación dos recursos naturais». Carballo pensa que “a recollida de plásticos e outros residuos nas praias é un bo xeito de amosar á mocidade do Salnés a magnitude do problema da contaminación”.