Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Finaliza o proxecto de cooperación Morada Atlántica

 

Onte pechouse en Valdoviño o proxecto de cooperación Morada Atlántica, coa participación dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro. No acto participaron Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Alberto González Fernández, alcalde de Valdoviño e Evaristo Lareo Viñas, presidente do GALP Costa da Morte.

Morada Atlántica é un proxecto de cooperación interterritorial e transnacional para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020. Ten como finalidade potenciar a transferencia de coñecemento dos territorios costeiros do arco atlántico a través de produtos turísticos sustentables que  pivoten sobre o acervo mariñeiro e a gastronomía atlántica como elementos de identidade.

Ao remate da sesión, inaugurouse a exposición "O océano que nos une", a mostra itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), que continúa o seu percorrido polas vilas costeiras galegas.