
O proxecto consiste na rehabilitación do Faro de Corrubedo e os edificios anexos para a súa explotación como HOTEL RESTAURANTE FARO DE CORRUBEDO, situado nun entorno único próximo á costa, no municipio de Ribeira. Trala rehabilitación vanse prestar unha serie de servizos de hostelería a clientes e viaxeiros que se acheguen a visitar o gran atractivo turístico da zona, dotando as instalacións do faro de Corrubedo e o seu entorno dunha serie de atractivos e servizos que o convirtan nun dos referentes turísticos indiscutibles de España.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
A recuperación e posta en valor dunha estrutura mariñeira, un faro, así como as casas dos fareros e locais anexos tanto desde o punto de vista arquitectónico como promocional.
Integración do servizo de restauración e gastronomía no selo promocional de Km 0 de Mar Galaica e Galicia Calidade: peixe e marisco de proximidade formará parte importantísima da carta.
Cociña de produto, cun toque sofisticado. Posta en valor dos produtos da zona.
Posta en valor da cultura mariñeira, desde o respecto patimonial na decoración ata a promoción de actividades turísticas vinculadas ao mar (paseos en barco, mergullo, visitas guiadas).
Visibilización nacional e mesmo internacional de Corrubedo, xa que o proxecto entrará nos grandes circuítos Faros de España, Ruta de Faros de Galicia , Margalacia… Ata en revistas especializadas en decoración.
Creación de 9,5 postos de traballo no novo negocio .
Fomentar un turismo desestacionalizado, respectuoso co medio e interesado na cultura do mar . O servizo será realizado os 365 dias do ano, e considérase que atraerá un público de alto nivel adquisitivo que queiran vivir a experiencia de durmir nun faro.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4:
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 2:
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego".
Obxectivo específico 4.1:
Preservar e poñer en valor o patrimonio costeiro, para reforzar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro.
Obxectivo específico 2.2:
Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara ás actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

